Saturday 18 de May de 2024

A Xunta de Goberno Localprorroga nove meses o contratode xestión de axudas a domicilio


 

Na sesión extraordinaria desta mañá, o concello ampliou o convenio, co fin de que nesta situación de crise sanitaria se garanta a cobertura de necesidades básicas esenciais á cidadanía, por un gasto de 3 millóns de euros, até o 1 de xaneiro de 2021

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá nunha
sesión de carácter extraordinario a prórroga forzosa de nove meses iniciais do contrato da
xestión do servizo público de axuda a domicilio (SAD III) á empresa OHL Servicios Ingesán,
S.A., logo de que rematasen o pasado 28 de marzo os dous anos de prazo de duración do
convenio.
Debido á situación actual de crise sanitaria, o Goberno local ve primordial que non se
interrompan en ningún caso as prestacións domiciliarias que garantan a cobertura de
necesidades básicas esenciais e, en aplicación da cláusula 9.a do prego de cláusulas
particulares, acordou ampliar o contrato até o 1 de xaneiro de 2021. Deste xeito, autorizou
un gasto de 3 millóns de euros e notificoulle a resolución do convenio á empresa contratista.
A prórroga farase efectiva desde o 2 de abril e terá esta duración inicial, agás que conclúa o
procedemento de contratación que dea continuidade a esta prestación de servizos e
formalizarase o seu respectivo contrato administrativo nunha data anterior ao 1 de xaneiro
do ano que vén. Neste suposto, a duración desta prórroga finalizará o día anterior ao
establecido como día de inicio da prestación do servizo no novo contrato formalizado e
darase por rematado o actual nesa data de finalización.
Aínda así, se o procedemento de contratación que lle dea continuidade a esta prestación de
servizos non concluíse e o seu respectivo contrato non se formalizase antes da data fixada

Nota de Prensa

para o termo desta prórroga, esta podería ser obxecto de ampliación, por acordo do órgano
de contratación, polo prazo de duración preciso para que a dita conclusión e formalización
se realizasen.
Por outra banda, a partida de 3 millóns de euros comprometida é con cargo á aplicación
orzamentaria 51.231.22723, en que existe unha consignación axeitada e suficiente para
afrontar o gasto, a favor da empresa OHL Servicios Ingesán, S.A.